O sistema Schoenflies ou sistema de Schoenflies, chamado así polo matemático alemán Arthur Schoenflies[1], é unha notación que se emprega normalmente para clasificar as moléculas en función da súa simetría[2]. É a notación máis antiga de todas. Usa as seguintes letras para identificar grupos puntuais :
Isto representa a simboloxía básica á que se engaden varios subíndices para diferenciar en función da presenza doutros elementos característicos de simetría (como planos especulares ou centros de inversión).
O sistema internacional ou sistema Hermann-Mauguin úsase sobre todo en cristalografía para a simetría cristalina.